Unha actualización do Apple Watch mata a unha correa que ampliaba a súa autonomÃa
martes, 19 de abril do 2016
Unha
das principais eivas do Apple Watch é sen dúbida a súa reducida autonomÃa, o
que levou a que unha compañÃa decidise deseñar unha
correa que operase como baterÃa externa para permitir ampliar o tempo de
funcionamento do reloxo conectado de Apple até varios dÃas seguidos,
estando previsto que esta Reserve Strap chegase aos seus compradores o pasado 3
de novembro, pero o produto leva semanas
acumulando retrasos que finalmente poden levar á súa morte definitiva, xa
que a actualización do software do Apple Watch a WatchOS 2.0.1 incluÃu un
cambio inesperado: a desactivación do protocolo de accesorios externos que
empregaba a correa para cargar o reloxo.
Os responsables da Reserve Strap aseguran que en todo este tempo a súa correa
funciona sen problema co reloxo de Apple, pero dende a compañÃa de Cupertino
detectaron un bug no sistema de
comunicación empregado cos accesorios, de xeito que optaron pola súa
desactivación, de xeito que os poucos usuarios que recibiron a Reserve Strap
non poderán actualizar o seu reloxo se queren seguir a gozar da correa que fai
de baterÃa externa, e o resto de envÃos deste accesorio quedarán suspendidos
até que atopen unha solución a este importante problema.
Temos asà que un produto que parecÃa moi atractivo, está agora pendente de que
Apple abra o uso do porto secundario do reloxo a desenvolvedores externos, para
o que non hai nin sequera unha estimación de data, de xeito que temos asà un
exemplo de fracaso empresarial provocado por ousar a comercializar un accesorio
sen gozar das garantÃas do fabricante do produto para o que deseña (xa que
aÃnda que parece razoable pensar que Apple vaia facilitar a creación de correas
con baterÃa e outras funcionalidades, polo momento non lanzou o programa de
desenvolvedores para facer tal).