Unha base para discos duros facilita o acceso aos seus contidos por USB e Wi-Fi

luns, 17 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Vantec Thermal Technologies porá á venda este mes unha nova base de conexión para discos duros SATA de 2,5 e 3,5 polgadas formateados como FAT32 ou NTFS que facilita o seu acceso dende o PC empregando unha conexión USB 3.0 (compatible con conexións USB 1.1/2.0) ou tamén a través de Wi-Fi N, funcionalidade que permite que varios usuarios poidan acceder á vez aos contidos no disco duro de ata 3 Tb que se lle conecte a este trebello e que incluso facilita o acceso aos mesmos dende dispositivos con iOS ou Android grazas a unha aplicación para estes sistemas operativos móbiles que están dispoñibles nas súas correspondentes tendas de aplicacións.
No caso da aplicación para Android facilítase o acceso a ficheiros multimedia almacenados no disco duro, de xeito que operaría como un centro multimedia; mentres que a aplicación para iOS permite o iPhone, iPod Touch ou iPad poidan non só ver fotografías e vídeos e escoitar música, senón tamén acceder a documentos ofimáticos e incluso a posibilidade de remitir os ficheiros non soportados nativamente a outras aplicacións coa opción de Abrir En. A funcionalidade de reprodución multimedia para iOS é compatible con AirPlay.
A base para discos duros NexStar WiFi permite a conexión de ata 3 dispositivos á vez accedendo aos contidos almacenados no disco duro que se lle conecte na rúa rañura superior.

PUBLICIDADE