Unha compañía francesa comercializa unha mesa-ordenador con Windows 10

martes, 5 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Antes do lanzamento das ordenadores-tableta Surface e Surface Pro Microsoft usaba a marca Surface para un produto moi rechamante: un ordenador todo-en-un con Windows que adopta forma de mesa na que a súa superficie é unha pantalla multi-táctil. Estamos ante un concepto de equipo moi impresionante, pero só apto para usos moi específicos, sendo unha das grandes barreiras de adopción o seu levado prezo (uns 12.500 dólares) e agora xorde unha alternativa algo máis económica dende Francia, la Table de Kineti, que cun prezo de 4.997 euros convértese nunha das mesas de café máis caras do mundo, aínda que non pode negarse que resulta moi rechamante.
Este equipo informático con forma de mesa cunha estrutura de aluminio e madeira que conta cunha pantalla Full HD de 42 polgadas cuberta por un cristal temperado, que pode detectar até 12 puntos en pantalla e que conta cunha unidade central que funciona con Windows 10 e está dotada cun procesador Intel Core i5, 8 GB de RAM, 120 GB de SSD, gráfica Intel HD 6000, Wi-Fi, Bluetooth e USB 3.0, ou sexa, un ordenador persoal bastante normal, pero que en vez de empregarse sobre o escritorio, é o propio escritorio.

Vídeo promocional de la Table de Kineti

PUBLICIDADE