Unha compañía xaponesa recupera o teclado do Atari 400

martes, 19 de abril do 2011 Marcus Fernández

O teclado de Niyari inclúe as teclas propias dos teclados actuais

A tenda en liña Geek Stuff4U, popular por achegar dende Japón dispositivos electrónicos que habitualmente non se comercializan internacionalmente, vén de incorporar ao seu catálogo por 104,23 euros un teclado USB que replica o aspecto do teclado do Atari 400, polo que estariamos ante unha impresionante obra retro só apta para os incondicionais do ordenador que comezou a comercializarse en 1979, pois este teclado é considerado como un dos peores que existiron nunca para un ordenador persoal.
Este orixinal e incómodo teclado é compatible con Windows 2000/XP/Vista/7, e o seu fabricante (Niyari) actualizouno para incorporar as teclas propias dos ordenadores actuais, polo que estamos ante un produto totalmente funcional só recomendado para nostálxicos.

PUBLICIDADE