Unha startup galega prepara un robot corta-céspede de seu
martes, 28 de xaneiro do 2014
O vindeiro venres, no marco da celebración do 4º aniversario
da LaconNetwork, desenvolverase unha mesa redonda que xunta a tres
emprendedores galegos que amosarán o que están a facer actualmente, o que nos
levou a botar unha ollada a José Manuel Ruiz, a quen coñecemos como director de
produto e I+D+i de Blusens, e que agora está a dirixir un novo proxecto
tecnolóxico, Smarttek Devices, S.L., do que polo
momento só vemos que prepara un produto chamado SmartBot para mediados de
marzo, sobre o que procuramos máis información para descubrir que xa ten un
vÃdeo demostrativo moi prometedor.
O SmartBot serÃa un robot intelixente para cortar o céspede, que virÃa a ser
algo semellante a levar a tecnoloxÃa que habitualmente vemos nas aspiradoras
robotizadas ao xardÃn, facilitando o mantemento do céspede cun esforzo moi
reducido. Esta solución precisa da instalación dunhas guÃas para limitar a área
de funcionamento do robot, que promete ser capaz de cortar ata 2.600 metros
cadrados, e incluso funciona en condicións adversas. Pode programarse por
zonas, evita obstáculos, permite seleccionar diferentes modos de corte, pode
regularse a súa altura de corte e incluso é auto-suficiente (regresa so á súa
base).
Resulta esperanzador ver como as startups
galegas non se limitan a comercializar produtos de electrónica de consumo de
ámbito doméstico, senón que atrévense a abrir novos mercados, apostando por
tecnoloxÃas que ata o momento chegaban da man de grandes fabricantes, cos que
ousan competir buscando un equilibrio entre a alta tecnoloxÃa e un prezo
asumible.
VÃdeo de presentación do SmartBot de Smarttek Devices, S.L.