VS. Castlevania sae á venda para PS4 e Nintendo Switch

luns, 21 de outubro do 2019 Marcus Fernández

O clásico Castlevania saíu inicialmente para consolas domésticas de Nintendo, pero en 1987 adaptouse tamén para Nintendo VS. System, hardware de máquinas recreativas, e aínda que non conseguiu o impacto do Haunted Castle de 1988 (considerado realmente como o Castlevania de recreativas), pode resultar interesante por ser unha das primeiras entregas desta franquía, que estes días recupérase grazas ao lanzamento de Arcade Archives VS. Castlevania para PlayStation 4 e para Nintendo Switch.
Este xogo, que véndese en dixital, a un prezo de 6,99 euros, como unha fiel reprodución da máquina recreativa, podendo o usuario configurar tanto a dificultade como a atmosfera da configuración da pantalla de arcade, conseguindo así transmitir o espírito deste xogo de Konami que, ao estar destinado a salas de xogos, presentaba un maior nivel de dificultade.
Cómpre advertir que o nome deste título pode levar a engano, que o VS. que precede a Castlevania indica unicamente que corre nun modelo específico de máquina recreativa con 2 mandos, pero iso non significa que o xogo conte con modo para 2 xogadores.

PUBLICIDADE