VTech quere que os cativos comecen a usar tablets aos 12 meses

martes, 7 de maio do 2013 Marcus Fernández

A marca de xoguetes VTech leva tempo no mercado dos tablets infantís baixo a súa marca InnoTab, pretendendo contribuír ao lecer e á educación de rapaces de entre 4 e 9 anos cos dispositivos actuais, capaces de correr xogos, empregarse para unha lectura animada e moitas outras actividades, dentro dun dispositivo a proba de nenos. Pero a empresa que ir máis aló, e está a traballar na comercialización do InnoTab 2 Baby, tablet que xa non irá dirixido a maiores de 4 anos, senón que fixa o sen rango de idades entre 1 e 9 anos.
A directora de desenvolvemento de produto de VTech Electronics nos EE.UU., Laurie Honza, asegura que “a realidade é que (a tecnoloxía) está aí, e os bebés dende 12 anos xa teñen a propensión natural de querer facer o fan os seus pais” de aí que consideren oportuno achegar a pícaros aínda máis novos os seus tablets, que aparte de contar cun software adaptado aos pequenos, tamén teñen unha carcasa plástica cun xel protector que dótaos dunha grande resistencia (algo imprescindible para un dispositivo que pode caer ao chan en calquera momento).
Para comezar cos nenos máis pequenos dende VTech decidiron precargar o InnoTab 2 Baby con numeroso contido entre o que figuran 3 aplicacións para bebés, o libro electrónico da Arca de Noé e música (6 temas de xogo e 6 para durmir).
Os cativos máis crecidos poden gozar tamén dunha cámara rotatoria con gravación de vídeo, xogos de marcas como Nickelodeon e Disney, aplicacións creativas e incluso un organizador persoal.
Pero un detalle que cómpre destacar deste tipo de dispositivos é que, aínda que os cativos poidan aprender a utilizalos dun xeito bastante natural, o máis axeitado segue a ser que os seus pais sexan os que os instrúan, facendo un uso compartido, para que o tablet non se converta nunha ferramenta que ille aos pequenos instándoos a xogar sos.

PUBLICIDADE