Vainglory chega a ordenadores persoais en versión alpha

luns, 30 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Un dos xogos móbiles de máis éxito a nivel mundial, Vainglory¸ non quere conformarse con arrasar en móbiles e tabletas, polo que avanzan no ámbito da plataforma cruzada estreando versión alpha para ordenadores persoais, de xeito que os interesados poden agora descargar este xogo para o seu goce en Windows 10 e macOS.
Cómpre destacar que o xogo xa se adaptara ao seu uso con rato e teclado hai un ano, pensando no seu uso en monitores valéndose do accesorio Samsung DEX, e os usuarios de Chromebooks tamén podían gozar deste título dun xeito bastante solvente, polo que agora o que estamos a ver o desenlace dunha serie de avances que permitirán que este xogo de areas de combate multixogador (MOBA) poida gozarse en calquera plataforma con total normalidade.
Dende Super Evil Megacorp lembran que nesta etapa inicial do seu xogo para PC e Mac aínda quedan moitas melloras por incorporar a nivel de interface de usuario, personalización, axustes de control... de xeito que nos vindeiros meses publicarán numerosas actualizacións para pulir esta versión do seu xogo antes do seu lanzamento oficial.

O uso do Samsung DeX dispositivos como o Samsung Galaxy Note8 xa permitían gozar de Vainglory nun monitor, controlando o xogo con teclado e rato

PUBLICIDADE