Vanquish estreará demo o 1 de setembro
martes, 24 de agosto do 2010
O agardado xogo
de Platinum Games Vanquish está máis
preto do que pensamos, e dende SEGA confirman que o
vindeiro dÃa 1 de setembro poderemos contar en Europa cunha versión de
demostración para Xbox 360 e PlayStation 3, na que poderemos elixir entre 2
niveis de dificultade (ocasional e normal) e tomaremos o papel do axente
norteamericano Sam, que cun traxe de combate futurista deberá loitar por
facerse co control dunha estación espacial pola que tamén loitan os rusos.
Esta demo responde ao tÃtulo de Velocity
Attack, e servirá para preparar o terreo a este atractivo tÃtulo que
chegará no outono e do que xa confirmaron que rematou o seu desenvolvemento.