Varios fabricantes anuncian fundas para o futuro iPad

luns, 1 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Vue Sleeve e Max Sleeve son 2 das fundas que prepara Belkin para o iPadOs fabricantes de accesorios coma Belkin ou Griffin toman posición de cara ao lanzamento do iPad, e xa anuncian as súas fundas pensadas para o novo trebello de Apple. Dende Griffin preparan o Elan Sleeve e o Elan Passport, mentres que dende Belkin xa atrévense non só a amosar 3 fundas, senón tamén a pórlles prezo, comezando por unha básica Grip Sleeve a 29,99 dólares (20,83 €) e chegando ata a Max Sleeve e a Vue Sleeva, ambas a 39,99 dólares (28,01 euros).
O Grip Sleeve será a típica funda axustada que permite protexer o iPad de golpes, mentres que o Vue Sleeve conta tamén cun peto con fiestra que facilita a localización e almacenamento de accesorios para o novo dispositivo de Apple; pola súa banda o Max Sleeve conta cun departamento que pode expandirse para facerlle sitio a accesorios (e que non ocupa espazo cando non é preciso).

PUBLICIDADE