Verbatim combina conectores eSATA e USB nos seus discos duros externos

mércores, 5 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Para un maior rendemento e flexibilidade Verbatim incorpora aos seus discos duros externos USB un conector eSATA, o que lles permite funcionar en equipos con este tipo de conexión co mesmo rendemento que un disco duro interno de 3,5 polgadas (cunha velocidade de transferencia de 3 Gbps, ou sexa, 6 veces superior ao USB 2.0), o que incluso resulta de especial interese para usuarios de equipos portátiles que precisen de grande capacidade de almacenamento a boa velocidade (por exemplo, para tratamento de vídeos).
Os discos duros Verbatim eSATA & USB Combo están dispoñibles en capacidades de 500 Gb e 1 TB a 111 e 174 euros respectivamente, incluíndo a aplicación Nero BackItUp 2 Essentials, para xestión de copias de seguridade dende equipos co sistema operativo Windows.
Estes discos miden 202 x 114 x 40 milímetros e pesan menos de 1 quilogramo.

PUBLICIDADE