Videocámara de Airis por algo máis de 100 euros para este Nadal

xoves, 18 de decembro do 2008 Raquel Noya

Airis, a marca nacional de informática e electrónica de consumo, vén de presentar o seu catálogo de produtos para decembro no que se inclúe a videocámara VC05CF, que incorpora unha pantalla xiratoria de 270 graos TFT 3” para comprobar o que está a gravar dende calquera ángulo.
A nova VC05CF, que dispón dun zoom dixital de 8 aumentos, grava as imaxes en alta definición (1280 x 720), o que permite un visionado coa máxima nitidez posible en televisións que sexan HD Ready.
Este dispositivo permite, asemade, reproducir as gravacións de xeito doado nun televisor, grazas a un cable de conexión HDMI que inclúe de serie e unha sinxela conexión.
O formato de gravación H264, que é unha versión de MPEG4, ofrece o dobre de capacidade de compresión e as gravacións ocupan menos espazo na memoria. Esta característica, á que se lle engade a capacidade de 8 XB do seu lector de tarxetas, permite que a duración de gravación sexa moi elevada.
Asemade, a videocámara inclúe unha memoria flash interna de 64 MB e permite facer fotografías de ata 5 megapíxeles de resolución.
As dimensións deste trebello son de 108 x 65 x 26 mm e distribúese con batería de litio recargable e funda de regalo.
O seu prezo no mercado é de 109 euros e os seus responsables anúnciano como “o agasallo ideal para este Nadal”.

PUBLICIDADE