Viewsonic achega un monitor táctil cun prezo moderado
luns, 25 de outubro do 2010
A tecnoloxÃa multi-táctil
nos escritorios informáticos cada vez está máis lonxe de ser un luxo, e
convértese nunha opción máis a ter en conta, coma demostra o monitor
Viewsonic VX2258wm, que vén de estrearse
nas tendas europeas por 189 libras esterlinas (213,08 euros), o que é un
prezo bastante atractivo para un monitor de alta resolución (1.080p),
compatible con HDCP (o que permite o seu uso con reprodutores de Blu-ray e
consolas de videoxogos de alta definición), con altofalantes SRS Premium, un
tempo de resposta de 5 milisegundos e un sistema de axuste automático ante
entradas de vÃdeo a 4:3 e 16:9, garantindo que as imaxes non aparecerán
deformadas.
De todos os xeitos, cómpre lembrar que aÃnda que esta pantalla funcione á
perfección con sistemas con sistemas operativos coma Windows 7, o uso de
pantallas táctiles no escritorio non parece o máis axeitado para un uso
intensivo, polo cansazo que produce o uso de interfaces táctiles en vertical,
de xeito que o seu uso deberÃa quedar restrinxido a casos moi concretos (puntos
de información públicos, TPV, ordenadores para cativos…).