Virtua Tennis 4 terá unha competición virtual paralela ao Madrid Open

mércores, 13 de abril do 2011 Marcus Fernández

Virtua Tennis 4 Mutua Madrid Open by PlayStation 3 será un torneo virtual que terá lugar co gallo da 10ª edición do Mutua Madrid Open (celebrándose simultaneamente), que xogarase coa versión para PlayStation 3 do Virtua Tennis 4 de SEGA e que será do 29 de abril ao 8 de maio en La Caja Mágica, podendo optar os finalistas a grandes premios: entradas de paseo de acceso a La Caja Mágica e aos partidos que se celebren na pista 3 para o participante e un acompañante; xogos de PS3; numerosos lotes do PlayStation Move Starter Pack; e premios en metálico por valor de 10.000 euros.
Este novo xogo de tenis de SEGA chegará ás tendas o vindeiro 29 de abril, aínda que os usuarios de PlayStation Plus poden acceder dende hoxe á súa versión de demostración, que chegará a semana que vén ao resto de usuarios da consola de Sony. Destaca polo feito de que tirará proveito do sistema de control de movemento PlayStation Move e das 3D (se contamos cun televisor compatible) polo que estariamos posiblemente ante a experiencia máis inmersiva dun xogo deste xénero que se veu nunca, respectando o enfoque arcade desta franquía.

PUBLICIDADE