Vodafone AURO, para persoas maiores

luns, 1 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Co gallo da Semana de portas abertas do Centro Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Tecnicas (CEAPAT) celebrado en Madrid presentouse o terminal Vodafone AURO, que é un novo móbil pensado para as persoas maiores, cunhas teclas numéricas de grande tamaño para facilitar a súa lectura, unha grande pantalla en cor, mans libres, lanterna, alarma e un botón na parte traseira para chamar ao servizo de emerxencias e incluso 3 memorias asociables a botóns de atallo debaixo da pantalla do terminal (etiquetados coma M1, M2 e M3).
O novo móbil incorporarase nos vindeiros días ao catálogo de terminais de Vodafone, podéndose adquirir dende 0 euros (cun compromiso de permanencia de 18 meses).

PUBLICIDADE