Vodafone celebra a Noiteboa e o Fin de Ano con chamadas de balde

mércores, 21 de decembro do 2016 Marcus Fernández

Para felicitar o Nadal aos seus clientes o operador de telecomunicacións Vodafone España ofrecerá a clientes particulares, profesionais e PEME chamadas de balde a móbiles e fixos estatais sen límite durante os días 24 e 31 de decembro durante as 24 horas. Esta promoción pode activarse a través da área de cliente Mi Vodafone ou Mi Fibra Ono e non inclúe chamadas a números de tarificación especial.
Vodafone xa desenvolvera unha promoción semellante o ano pasado, rexistrando un incremento nos minutos de voz na súa rede dun 30% interanual.

PUBLICIDADE