Vodafone incorpora ao seu catálogo o Mi 8

xoves, 27 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Vodafone anunciou hoxe o lanzamento dun lote exclusivo que inclúe un smartphone Mi 8 de Xiaomi (na súa versión con 6 GB de RAM e 64 GB de almacenamento), unha pulseira Mi Band 3 e unha Mi Power Bank de 5.000 mAh, que estarán dispoñibles a partires da semana que vén nas tendas de Vodafone (físicas e en liña) por 18,5 euros/mes durante 24 meses con portabilidade e permanencia de 18 meses en Vodafone con calquera plan Red ou Vodafone One S e superiores.
Lembremos que o Mi 8 é un dos buques insignia de Xiaomi, cun procesador Qualcomm Snapdragon 845, pantalla AMOLED Full HD+ de 6,21 polgadas, cámara dual de 12 Mpíxeles, cámara frontal de 20 Mpíxeles (que pode aproveitar esa resolución para combinar píxeles conseguindo imaxes máis claras con pouca luz) e batería de 3.400 mAh con carga rápida.

Melloras na cámara

Cómpre salientar que un dos puntos fortes do Mi 8, a súa cámara, vén de recibir unha importante actualización que incorpora dúas novas prestacións: a mellora das fotografías nocturnas e a gravación de vídeo a super cámara lenta (960 imaxes por segundo).

Táboa de prezos do lote no que Vodafone comercializa o Mi 8

PUBLICIDADE