Vodafone presenta un prototipo de rede privada 5G baseada en Raspberry Pi

luns, 20 de febreiro do 2023 Redacción

Vodafone presentou hoxe un prototipo de rede 5G construída sobre unha Raspberry Pi que demostrará no Mobile World Congress de Barcelona (que comeza o vindeiro luns). Este concepto, pioneiro no sector, permitirá ás pequenas empresas e fogares ampliar a cobertura 5G e aumentar a capacidade segundo as súas necesidades, así como dispoñer da súa propia rede móbil 5G privada, alcanzable e portátil.
Este piloto combina o expertise e a extensa cobertura da rede paneuropea de Vodafone xunto coa versatilidade dunha Rapsberry Pi 4 para facer que as redes privadas móbiles (MPN) baseadas en 5G sexan máis accesibles para os 22 millóns de pequenas e medianas empresas existentes en toda Europa. Este desenvolvemento tamén ofrecer aos fogares unha cobertura máis ampla, proporcionando unha conexión adicional de banda ancha naqueles momentos nos que varios residentes estean conectados simultaneamente.
Unha MPN ofrece ás empresas unha alternativa á rede móbil pública ao proporcionarlles cobertura privada, rápida, confiable e ultra segura para a súa actividade diaria. As MPN son utilizadas sobre todo por grandes empresas ou organizacións con instalacións que necesitan conectar moitos dispositivos, máquinas e vehículos autónomos e robots, como ocorre no caso das grandes fábricas.
Vodafone está a buscar formas de democratizar as MPN e estender os seus beneficios aos propietarios de microempresas e pemes, á vez que reduce o custo de entrada e os recursos necesarios para experimentar novos servizos dixitais. A rede 5G nunha Raspberry Pi tamén é portátil e non máis grande que un router Wi-Fi doméstico, o que significa que un cliente podería configurar instantaneamente a súa propia rede privada nun lugar público como unha cafetería, ou estender a cobertura da rede pública a unha localización remota como un soto.
O novo sistema combina unha Raspberry Pi 4 cunha pequena placa de circuíto de radio definida por software (SDR) integrable e compatible coa 5G, fabricada polo especialista con sede no Reino Unido, Lime Microsystems. Esta placa SDR pode converter calquera plataforma informática nunha estación base 5G en miniatura. O sistema resultante pódese utilizar como parte dunha rede privada dedicada, unha extensión dunha MPN máis grande ou conectado á rede pública de Vodafone como calquera outra estación base. O deseño da placa é totalmente compatible cos estándares de Open Radio Access Network (RAN), o que significa que se pode utilizar con calquera máquina informática capaz de executar software compatible con Open RAN.
O concepto foi desenvolto no novo Centro Europeo de I+D de Vodafone en Málaga (Vodafone Innovation Hub), que conta cun equipo de enxeñeiros dedicados ao avance dos chips de silicio para impulsar as novas innovacións Open RAN. Estas novas redes baséanse nunha combinación de hardware e software de múltiples provedores, en lugar das redes actuais dun só provedor, o que xera unha maior innovación e unha cadea de subministración de provedores fortalecida.

PUBLICIDADE