Vodafone presenta unha tarifa flexible para segundas residencias

luns, 26 de xullo do 2021 Marcus Fernández

Para os clientes de Vodafone chega un novo produto para que poidan gozar mellor da súa conexión á Rede alí onde estean, Internet Segundas Residencias flexible, que permite contratar conexións para lugares diferentes do domicilio habitual, sen pagamentos mensuais recorrentes, de xeito que só haberá que pagar cando se precise, sen permanencia e xestionable dende a aplicación móbil Mi Vodafone.
A nvoa solución componse dun router 4G autoinstalable (permitindo elixir entre router fixo ou router portátil), unha tarxetas SIM de datos e un bono de datos ilimitados á máxima velocidade, sendo estes bonos de 2, 7 ou 31 días. Este novo produto chegará aos consumidores o vindeiro xoves, a un prezo de 5 euros polo bono de 2 días, 15 euros polo bono de 7 días e 35 euros polo bono de 31 días.
Os dispositivos polo que pode optar o usuario son un router Huawei B311n que permite velocidades de até 150 Mbps e ten que conectarse directamente á corrente eléctrica, e que pode adquirirse por 54 euros nun único pagamento (ou fraccionando o pagamento en 12 ou 24 meses); ou un MiFi 4G, que tamén permite unha velocidade de até 150 Mbps, pero integra batería, polo que é un produto orientado ao seu uso durante traxectos ou en estancias puntuais, tendo un prezo de 36 euros nun pagamento único (podendo tamén fraccionarse en 12 ou 24 meses).
Cómpre lembrar que estamos ante o opción flexible, pois Vodafone tamén conta cunha oferta de Internet Segundas Residencias con pagamentos mensuais sen permanencia baseado nun router Huawei B311n (tamén a 54 euros) e que ten un custo de 24 euros/mes para clientes de móbil+fibra ou da Tarifa Familiar, o que claramente resulta máis económico para usuarios que precisen contratar o servizo en períodos que superen os 9 días de duración.

PUBLICIDADE