Vodafone trae a España o tablet BlackBerry PlayBook
luns, 8 de agosto do 2011
Vodafone achega a
España o tablet de RIM, de xeito que empresas
e autónomos xa poden facerse co BlackBerry PlayBook, que no seu modelo de
16 Gb está á venda por 472 euros, e que vén con conectividade Wi-Fi, estando
dirixido a usuarios que xa conten cun terminal BlackBerry que poden utilizarse
como modem 3G grazas ás tarifas planas de navegación ilimitada de 1 e 3 Gb por
29,50 e 46,02 euros/mes respectivamente (que inclúen a tarifa de datos do móbil
e a do tablet, como se dunha tarificación multiSIM se tratase).
O dispositivo tamén pode adquirirse a través do programa de puntos, de xeito
que por 2.400 puntos reducirÃa o seu prezo a 301 euros, o que supón unha rebaixa
considerable.
Lembremos que o tablet de RIM ten unha pantalla de 7 polgadas cunha resolución
de 1.024 x 600 pÃxeles, 425 gramos de peso, procesador de dobre núcleo a 1 GHz,
saÃda HDMI a 1.080p, cámaras de 3 e 5 MpÃxeles, 1 Gb de RAM, 16 Gb de
capacidade de almacenamento, GPS, Wi-Fi N e Bluetooth 2.1; asà como o feito de
que estea a ter unha moi mala aceptación por parte do público, que non ve que o
PlayBook poida competir co iPad, xa que a prezos similares o software do tablet
de Apple está moito máis maduro e conta cun catálogo de aplicacións moi
superior.