Vodafone venderá o Xperia X10 en Reino Unido a partires de abril

xoves, 4 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

A nova xeración de móbiles co sistema operativo Android 2.1 está a piques de desembarcar en Europa, e aínda que non coñecemos as datas de chegada de terminais coma o Nexus One promovido por Google, outro móbil moi semellante e que incluso poderiamos considerar máis apetecible, o Sony Ericsson Xperia X10, vén de confirmar a súa comercialización en Reino Unido da man de Vodafone a partires de abril, o que podería indicar que ese mes será o que marque a chegada da nova xeración de móbiles con Android a España.
O Xperia X10 é un terminal moi prometedor, que pese a que ten unhas dimensións (11,9 x 6,3 x 1,3 céntimetros) e un peso (135 gramos) moi semellantes ao Nexus One (co que tamén empata en procesador a 1 GHz), permite collerlle a dianteira en varios aspectos, como na súa pantalla de maior tamaño (4 polgadas) e a súa cámara de 8,1 Mpíxeles, que promete unha grande calidade grazas ao seu enfoque automático, detección de sorriso, estabilizador de imaxe, recoñecemento de ata 5 rostros e gravación de vídeo. Inclúe unha memoria interna de 1 Gb que pode ampliarse mediante tarxetas microSD de ata 16 Gb (incluíndo de serie unha de 8 Gb), toma de auriculares estándar, a-GPS, Bluetooth, Wi-Fi, HSPA, USB e compatibilidade con sincronización con ActiveSync.
No tocante ao seu software, pode gozar de todo o catálogo de aplicacións do Android Market, pero tamén inclúe Timescape, unha ferramenta de Sony Ericsson que xunta nun único lugar Facebook, Twitter, o correo electrónico, as fotografías e as SMS para que o usuario non teña que andar a abrir distintas aplicacións para estar ao día, así coma tamén inclúe Mediascape, unha ferramenta semellante que en vez de apuntar ás redes sociais diríxese aos contidos multimedia (música, fotos e vídeo) tanto na memoria do teléfono coma en servizos externos coma YouTube.

<script type="text/javascript" src="http://www.sonyericsson.com/demo/product/generic/embed/sevideoembed.js"></script> <script type="text/javascript">new SEvideoEmbed( "commercial", "xperiax10", 600, 329, false, true ).embed();</script>


Anuncio do Sony Ericsson Xperia X10

PUBLICIDADE