WRC 8 e Saints Row 2 destacan entre os Xogos con Gold de xullo

venres, 26 de xuño do 2020 Marcus Fernández

Os subscritores Gold de Xbox LIVE xa coñecen os xogos que recibirán durante o mes de xullo, cunha selección de títulos bastante discreta, á vez que variada, na que destaca especialmente a presenza do xogo de condución para Xbox One WRC 8 FIA World Rally Championship, que ofrece unha experiencia de grande realismo, contando con 50 equipos, 14 rallies e máis de 100 etapas.
O outro xogo de Xbox One que chegará en xullo é Dunk Lords, xogo de baloncesto de 2 contra 2 que realmente trátase dun beat’em up no que poderemos elixir entre 20 personaxes con cadansúas habilidades e ataques especiais que loitarán en 15 canchas únicas.
Os xogos de Xbox 360 (retrocompatibles con Xbox One) serán o xa clásico Saints Row 2 (considerado como unha versión de baixo custo dos xogos da franquía de GTA que optan polo humor e a esaxeración para suplir as súas carencias técnicas) e Juju (xogo de plataformas con aparencia chea de cores e personaxes que buscan agradar aos pequenos da casa, que de seguro que será ben recibido en moitos fogares durante o verán).

PUBLICIDADE