Watch Dogs fixa a súa data de lanzamento definitiva

venres, 7 de marzo do 2014 Marcus Fernández

O xogo Watch Dogs tiña previsto o seu lanzamento para o pasado 22 de novembro, pero o xogo non parecería estar listo para cubrir as expectativas, e Ubisoft optou por adiar o seu lanzamento para garantir unha mellor calidade deste ambicioso proxecto, e finalmente confirma que poderemos gozar deste xogo futurista de mundo aberto a partir do 27 de maio, cando chegará ao mercado nas súas versións para PS4, PS3, Xbox One, Xbox 360 e PC (a versión para Wii U chegará máis adiante).
Para tranquilizar os ánimos dos usuarios impacientes por probar este xogo, Ubisoft publicou no seu blog unha entrevista cun dos seus produtores, Dominic Guay, quen confirma que precisaban de máis tempo para pulir e afinar o xogo para poder achegar “unha experiencia realmente excepcional e memorable”. Guay comenta detalles como que incorporaron a posibilidade de que os logros no modo multi-xogador tradúzanse en melloras no modo ara un xogador (o que pareceu gustar aos usuarios de proba), así como tamén axustaron o sistema de incentivos que vai facilitando o xogo segundo avanzamos, para conseguir unha experiencia de uso máis satisfactoria.


Novo trailer de Watch Dogs

PUBLICIDADE