Webcam de Logitech pensada para o seu transporte habitual

luns, 22 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Pensando nos usuarios que fagan un uso frecuente da videoconferencia en numerosos lugares, Logitech presenta a súa webcam en alta definición B525, que destaca por ter un deseño que facilita o encarte da cámara para o seu transporte (sen precisar dunha funda de transporte). A Logitech B525 HD Wwebcam pode xirarse 360 graos, sendo capaz de captar imaxes en practicamente calquera ángulo, ten enfoque automático, conta con tecnoloxía RightLight 2 para producir imaxes de calidade incluso con pouco luz, integra un micrófono para minimizar o ruído de fondo e está certificada para o seu uso con Skype e Microsoft Lync.
A cámara é capaz de gravar vídeo en alta definición a 720p a 30 imaxes por segundo, conta cun sensor de imaxe de 2 Mpíxeles e pode adaptarse a monitores LCD e pantallas de portátiles mediante un clip universal.

A webcam pode encartarse para adoptar unha forma que facilita o seu transporte sen precisar dunha funda adicional

PUBLICIDADE