Wheelman chegará ás tendas a finais de marzo

xoves, 19 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

O polémico xogo que sitúa a un virtual Vin Diesel na cidade de Barcelona para infiltrarse en bandas criminais que darán lugar á súa participación en persecucións e tiroteos, Wheelman, chegará ás tendas españolas no mes de marzo (anunciárase para o día 20, pero posiblemente haxa que agardar ao 27 para velo nas tendas) da man de Atari Ibérica, distribuidora oficial de Midway, pese a que nas últimas horas se comentase que a distribución do xogo contaría coa colaboración de Ubisoft, para axudar a que Midway supere os seus problemas económicos actuais.
Ubisoft encargarase de levar o xogo a o outro lado do Atlántico, Australia, Nova Celandia, Francia, Alemaña, Irlanda e Reino Unido, polo que a distribución española non sufriría cambios.
Tamén se confirmou que o xogo para Xbox 360 e PlayStation 3 contará cunha versión de demostración antes da súa chegada ao mercado.

PUBLICIDADE