Wheelman sairá á venda o 20 de febreiro

xoves, 20 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O polémico xogo que presenta a Vin Diesel conducindo coches a toda velocidade e pegando tiros polas rúas de Barcelona, Wheelman, xa ten data de lanzamento, e Midway anunciou que chegará ás tendas europeas o 20 de febreiro (4 días despois que en EE.UU.) nas súas versións de Xbox 360, PlayStation 3 e PC.
Pese a que haxa políticos que non gusten que a súa cidade sexa escenario dun videoxogo violento (non escoitamos nada semellante co mundo do cine) este produto promete ter unha grande calidade, e está deseñado «como unha superprodución de Hollywood» en palabras do propio Vin Diesel, que se involucrou bastante no desenvolvemento deste título. Tamén asegurou que «xogar a este título será como tomar o control das meirandes persecucións de coches cinematográfica, excepto que desta volta ti estás no asento do condutor».
O xogo chegará soportado por unha campaña publicitaria multimillonaria, agardando un volume de vendas importante.

PUBLICIDADE