Wii Play: Motion chega ás tendas españolas
luns, 27 de xuño do 2011
As tendas
españolas xa teñen dispoñible Wii
Play: Motion, que vén a ser unha revisión do Wii Play, combinándose nun único paquete cun prezo recomendado de
49,95 euros o un disco con 12 mini-xogos e un mando Wii Plus de cor vermella.
Cómpre destacar que os xogos só funcionan con este novo mando ou cun mando
ordinario de Wii ao que se conecte o accesorio Wii MotionPlus, pois fan uso da
tecnoloxÃa avanzada de control de momento.
Cómpre destacar que o novo xogo co mando ten un prezo inferior ao do mando
solto, polo que o seu éxito está garantido, pois, aparte de permitir gozar dun
control secundario na Wii, pódese xogar a cazar pantasmas, atrapar refachos de
vento cun paraugas para impulsarse por un circuÃto, colocar o meirande número
de bolas de xeado sobre un cucurucho e outros divertidos xogos son
especialmente divertidos nas súas modalidades multixogador.
Trailer en español de Wii Play: Motion