Windjammers chegará este ano a Switch

luns, 6 de agosto do 2018 Marcus Fernández

O xogo de recreativa de 1994, Windjammers, volveu á actualidade o pasado verán grazas a que DotEmu relanzouno adaptándoo para PlayStation 4 e PlayStation Vita, e agora anuncian que están a ultimar a súa conversión a Nintendo Switch, de xeito que poderase gozar deste icónico título en mobilidade, contando cos seus 6 radicais personaxes con cadansúas habilidades e as 6 diferentes pistas nas que se batían neste xogo que poderiamos definir como unha mestura entre o clásico Pong e o voleibol.
Aínda que non poñen unha data para o lanzamento de Windjammers para Nintendo Switch, aseguran que chegará antes de rematar o ano, que permitirá gozar de modo multixogador local (para así poder competir cos amigos) e, para ir creando expectación, estrean un divertido vídeo promocional con aire retro:

PUBLICIDADE