Windows 10 poderá reinstalarse dende a nube

luns, 2 de setembro do 2019 Marcus Fernández

A última versión preliminar de Windows10 inclúe unha nova experiencia de uso para equipos convertibles 2-en-1 e melloras no sistema de recuperación do sistema operativo, que cando precisemos restablecer o equipo non só permitirá reinstalar unha copia local de Windows 10, almacenada nunha partición oculta, senón que permitirá que a copia de Windows poida descargarse directamente da Internet, xa que algúns usuarios con conexións de alta velocidade consideran que iso resulta máis cómodo e rápido.
A restauración de Windows 10 a través da nube reinstala a mesma versión de Windows 10 que estivese instalada no equipo, estando tal opción recomendada cando o sistema presenta fallos de funcionamento graves, que poden deberse a unha degradación do sistema tras numerosas instalacións, a instalación e desinstalación de moitos programas, ou incluso a posible corrupción de ficheiros ao longo do tempo.

PUBLICIDADE