WipEout HD tamén estará á venda en soporte físico

xoves, 17 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Por estas datas hai cousa dun ano o xogo WipEout HD chegou á PlayStation Store, de xeito que os usuarios da PS3 que a teñen conectada á Internet puideron adquirilo en descarga, pero conscientes de que non todos os usuarios son partidarios deste tipo de compras, agora anuncian o lanzamento europeo de WipEout HD Fury (o xogo cunha expansión), que chegará ás tendas en Blu-ray por 24,99 euros incluíndo 28 pistas reversibles, 2 campañas (a orixinal HD e a nova Fury), 26 modelos de naves, 8 modos de xogo (4 en liña), sistema de cualificacións en liña e 51 trofeos.

PUBLICIDADE