Wonder Boy III estrea remake
martes, 18 de abril do 2017
Nos
anos 80 Westone Bit Entertainment desenvolveu para SEGA a serie de xogos de
Wonder Boy, conseguindo grande éxito en salóns recreativos e consolas
domésticas, e agora DotEmu recupera a franquÃa con Wonder
Boy: The Dragon’s Trap, unha recreación do terceiro xogo da saga,
lanzado en 1989 para SEGA Master System (que chegarÃa tamén a Game Gear e Turbografx)
que preséntase mellorado con animacións debuxadas a man e unha paisaxe sonora
reosquestrada.
O xogo colócanos no rol dun heroe convertido en monstro medio humano e medio
lagarto pola maldición do Mekadragón, da que procura a cura, para o que precisa
da Cruza da PÃntega, un obxecto máxico que pode eliminar meigallos. Haberá que
percorrer enormes lugares e derrotar a monstros e dragóns, o que fai que a
maldición empeore, transformando ao protagonista, Hu-Man, en distintos animais
(lagarto, rato, piraña, león e falcón).
O xogo conta con 3 niveis de dificultade e permite mudar entre a súa aparencia
moderna e a clásica de 8 bits en calquera momento, de xeito que os nostálxicos
poderán revivir con fidelidade o xogo orixinal, mentres que o resto de usuarios
terán fronte a si un tÃtulo cun coidado aspecto visual. Como curiosa novidade,
tamén será posible mudar a forma do protagonista, Hu-Man, en Hu-Girl, de xeito
que asà poderiamos transformar o xogo en Wonder
Girl.
O xogo está xa á
venda para PlayStation 4, Xbox
One e Nintendo Switch a un prezo de 19,99 euros, e está previsto que chegue a PC
no mes de xuño.
- Ao derrotar aos inimigos a maldición que afecta a Hu-Man convérteo en distintos animais
- No xogo haberá que derrotar a dragóns moi curiosos, con aparencia de pirata, morto vivente, momia ou samurai.
Tráiler de lanzamento de Wonder Boy: The Dragon’s Trap
VÃdeo no que podemos comparar os gráficos do xogo orixinal co seu remake