World at Arms estréase nos móbiles con sistema operativo de Microsoft

xoves, 13 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Gameloft estreou hoxe o xogo World at Arms para Windows Phone 8 (agárdase que en breve teñamos tamén versión para Windows 8 deste título), que pode descargarse de balde e que é un simulador bélico no que hai que conseguir recursos, mellorar e fusionar unidades, construír instalacións e completar logros para gañar bonus de balde para poder participar en batallas orixinais por todo o mundo e diferentes terreos (deserto, cidade, auga...), polo que temos un xogo pensado para enganchar aos seareiros dos títulos de estratexia.
Neste caso o uso das compras dentro da aplicación permitirá acelerar as partidas (fórmula empregada por moitos outros títulos) e é de agardar que o xogo chegue co seus modelo económico o suficientemente equilibrado, xa que este título conta con versión móbiles para outras plataformas (de feito, a versión para Android hai tempo que superou os 10 millóns de descargas).

PUBLICIDADE