Worms Battlegrounds destaca entre os xogos de PS Plus en novembro

xoves, 2 de novembro do 2017 Marcus Fernández

Tras varios meses nos que Sony parecía querer compensar a suba de prezo de PlayStation Plus con grandes xogos para os seus subscritores, parece que soltaron o pé do acelerador, e relaxan os títulos que recibirán os usuarios durante o mes de novembro, que no caso da PlayStation 4 serán o divertido Worms Battlegrounds, e o contemplativo xogo independente Bound.
Para usuarios de PlayStation VR estará dispoñible Until Dawn: Rush of Blood e para probar a experiencia de PlayLink teremos ¡Has sido tú!, títulos considerados bonus en PS Plus.
Os usuarios de PlayStation 3 recibirán pola súa banda o clásico shoot’em up espacial R-Type Dimensions e Rag Doll Kung Fu: Fists of Plastic; mentres que para PS Vita chegarán Dungeon Punks e Broken Sword 5: La Maldición de la Serpiente.
En definitiva, que a oferta de PlayStation Plus volve perder pulo, como viñan criticando os seus subscritores nos últimos anos, quedando como esperanza que de cara á campaña de Nadal acheguen algunha agradable sorpresa que axude a convencer a novos propietarios dunha consola PlayStation.

Vídeo promocional dos xogos que PlayStation Plus inclúe en novembro

PUBLICIDADE