Worms Rumble estrearase dentro de PS Plus

xoves, 26 de novembro do 2020 Marcus Fernández

No verán anunciouse o regreso da franquía de Worms cun xogo de acción en tempo real, Worms Rumble, que contará con versións para PC, PS4 e PS5 e que ten toda a pinta de que vai ser todo un fenómeno de éxito nas consolas de Sony, xa que veñen de anunciar que o xogo estará incluíndo na selección de xogos de PlayStation Plus do mes de decembro. Deste xeito un número impresionante de xogadores poderá unirse a Worms Rumble dende o 1 de decembro para participar en enfrontamentos de até 32 xogadores.
Os outros xogos de PS Plus serían Just Cause 4 (xogo de mundo aberto con grandes doses de acción) e Rocket Arena (xogo de disparos de 3 contra 3 que veu a luz no mes de xullo sen acadar grande éxito). Confórmase así unha selección bastante boa de xogos de PlayStation 4, especialmente se a compramos coa pobre proposta dos Xogos con Gold de decembro.

PUBLICIDADE