X-Men Destiny estréase para Xbox 360 e PlayStation 3

venres, 30 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Activision Publishing e Marvel Entertainment anuncian que o xogo X-Men Destiny xa está dispoñible nas tendas, concretamente nas súas versión para Xbox 360 e PlayStation 3, mentres que os usuarios de Wii deberán agardar ao 14 de outubro para gozar deste título que permítenos meternos na pel dun grupo de novos mutantes que comezan a descubrir os seus poderes e tomar decisións e forzar alianzas para tomar o control do seu destino.
Estas aventuras estarán ambientadas no universo Marvel, contando coa presenza de distintos personaxes dos comics dos X-Men, como Magneto, Ciclope ou Lobezno, e incluso conta cunha historia orixinal escrita por Mike Carey (guionista de series de comics como Lucifer, Hellblazer ou X-Men).
Neste título podemos personalizar os poderes dos protagonistas (Grant Alexander, Aimi Yoshida e Adrian Luca), o que afectará ao resultado desta aventura da que podemos facernos unha idea grazas ao seu trailer de lanzamento:

No xogo farán acto de presenza coñecidos personaxes como Lobezno
Os personaxes do xogo destacan pola diversidade dos seus poderes
Os protagonistas deberán a enfrontarse a outros mutantes nas súas aventuras

PUBLICIDADE