Xa é o oficial o Samsung GALAXY Mega 2

martes, 23 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Aínda que entre os tabletófonos de Samsung destaque especialmente a familia Note, para os usuarios que non precisen un terminal de alta gama nin un S-Pen a compañía tamén ofrece outros terminais de grande tamaño na liña GALAXY Mega, que está a preparar a súa renovación, e na páxina tailandesa de Samsung xa podemos ver o novo GALAXY Mega 2, que vén a ser un terminal LTE con pantalla de 6 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, cun procesador de catro núcleos a 1,5 GHz, 1,5 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de até 64 Gb, cámaras de 8 e 2,1 Mpíxeles, Wi-Fi N de dobre banda, NFC, Bluetooth 4.0 e un grosor de só 8,6 milímetros.
Aínda non temos data de lanzamento deste smartphone para España, pero é de agardar que chegue en poucas semanas a un prezo bastante axustado, xa que aínda que esteamos ante un dispositivo de grande tamaño, estamos claramente ante un terminal de gama media.

O novo GALAXY Mega 2 ten unhas dimensións bastante xenerosas, achegándose moito a un tablet de 7 polgadas

PUBLICIDADE