Xa está dispoñible NBA 2K20
luns, 9 de setembro do 2019
Xa está dispoñible en tendas o grande referente na
simulación deportiva, o NBA 2K20,
que con versións para Xbox One, PlayStation
4, Nintendo
Switch e PC, que
volve situarse na cima do seu xénero con mellores gráficos, mecánicas máis
realistas, modos de xogo innovadoras e un control e personalización do xogador sen
igual. Tamén conta co contorno aberto El Barrio.
O xogo chega ao mercado nunha edición estándar e tamén nunha edición de luxo (incluÃndo
numerosos contidos dixitais adicionais) e noutra de lenda (con aÃnda máis
contidos adicionais, e dedicada ao xogador Dwyane Wade). As edicións estándar e
de luxo están dedicadas ao xogador Anthony Davis.
Cómpre salientar que en NBA 2K20 estarán presentes por primeira vez os 12
equipos da WNBA e máis de 140 xogadoras, incluÃndo animacións, estilos de xogo
e gráficos deseñados en exclusiva para os partidos femininos. Tamén será
posible xogar con máis de 10 novos equipos de lenda do pasado (que superan xa o
cento), como os Portalnd Trail Blazers de 2009-2010, os Cleveland Cavaliers de
2015-2016 ou os Phoenix Suns de 2002-2003.