Xa se pode descargar a versión 2.0 de Mozilla Firefox

luns, 23 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Mentres a súa páxina web oficial indica que a última versión do Firefox 2.0 que se pode descargar corresponde á Release Candidate 3, resulta que cun día de antelación xa está dispoñible a versión definitiva do novo navegador, que incorpora numerosas melloras coma retoques no seu deseño, melloras no cadro de busca, máis medidas anti-phishing, peche de pestanas mediante un botón individual (e non cun botón xeral), a posibilidade de recuperar as webs abertas no caso dun fallo do navegador, melloras no soporte de fluxos RSS, soporte para Javascript 1.7 e incluso unha actualización no seu sistema de extensións (que fai que moitas das extensións actuais aínda non teñan versión actualizada para o novo navegador).
Grandes semellanas entre Firefox 2.0 e IE7
O curioso da nova versión do Firefox 2.0 é que se asemella moitísimo á nova versión do Internet Explorer 7.0, gañando cada un en distintas funcionalidades, polo que a guerra dos navegadores parece estar empatada neste momento, aínda que dende a Fundación Mozilla xa están abertos a suxestións para o Firefox 3.0.

PUBLICIDADE