Xataka publica unha análise en vÃdeo do Blu:brain
martes, 23 de febreiro do 2010
Pese a que anunciaramos que o reprodutor multimedia
con disco duro e gravación de TDT en alta definición de Blusens, o Blu:brain, Ãa chegar ao mercado o 15 de
febreiro por 399 euros, parece ser que o produto está a demorarse un
pouco en chegar ás tendas, pero xa é unha realidade, e para demostralo no blog tecnolóxico Xataka publican unha
análise en vÃdeo do dispositivo.
Parece evidente que o Blu:brain vaino ter difÃcil, en
boa medida por chegar ao mercado bastante tarde, xa que actualmente hai moita
competencia no sector dos centros multimedia con capacidades de alta
definición, que normalmente presentan maior capacidade de disco, tamaño máis
compacto e prezo menor, aÃnda que destaca fronte a estes por abrir a porta a
servizos e canles por Internet, que é posiblemente o máis rechamante deste
trebello, aÃnda que é moi posible que este tipo de prestacións veñan de serie
en moitos televisores no futuro (e a propia Blusens poderÃa traballar nesta
dirección).
Pese aos puntos a favor e en contra que ten o novo produto de Blusens, hai que
recoñecer que é un dispositivo ideal para a reprodución multimedia, que permite
gravar da TDT (incluÃndo as emisións en alta definición que van chegar nos
vindeiros meses) polo que aÃnda que non pase a ser un lÃder en vendas, poderÃa
marcar o camiño a futuros desenvolvementos deste fabricante galego en prol
dunha completa reprodución multimedia e dos contidos audiovisual en liña.
VÃdeo coa análise de Xataka do Blu:brain