Xiaomi pon á venda un Smart TV de 40 polgadas a só 217 euros
martes, 6 de marzo do 2018
Está previsto que antes do verán os televisores de Xiaomi
cheguen oficialmente a España, para o que terán que adaptarse para incorporar
sintonizadores de TDT europeos, pero o último lanzamento da compañÃa chinesa fai
que tal momento sexa moi esperado, xa que poderÃan impactar seriamente na competencia
dun segmento de produtos normalmente calmo. Falamos do novo televisor Mi TV 4A, que non só inclúe
as tecnoloxÃas de Smart TV propias dos televisores de Xiaomi, senón que tamén
reduce o seu prezo até uns lÃmites difÃciles de crer, xa que o modelo con
pantalla de 40 polgadas véndese na China a 1.699 iuans (217 euros).
Cómpre detallar que falamos dun televisor Full HD, cun procesador Cortex A53 de
catro núcleos a 1,5 GHz cunha gráfica Mali-450, 1 GB de RAM, 8 GB de
almacenamento interno, Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, Ethernet, 2 portos HDMI, 2 portos
USB, altofalantes estéreo con efecto Dolby e un mando a distancia co micrófono
para atender a buscas mediante voz. O televisor permite a instalación de
numerosas aplicacións, de xeito que achegarÃa unha experiencia de usuario moi
completa por un prezo moi axustado, aÃnda que polo momento o seu software está
orientado aos mercados asiáticos, polo que resulta difÃcil prever a acollida
que terÃa se finalmente pode mercarse en España.