Xiaomi presenta novos auriculares sen fíos inspirados en Star Wars

xoves, 4 de maio do 2023 Marcus Fernández

O 4 de maio está considerado non oficialmente como o Día de Star Wars, e aproveitando a celebración informar Xiaomi presentou os auriculares sen fíos Xiaomi Buds 3 Star Wars Edition, que presentan no seu estoxo de carga un logotipo co casco dun stormtrooper, mentres que os propios auriculares tamén presentan un deseño en branco e negro na mesma liña de imaxe, buscando así captar a atención dos seareiros da saga galáctica de George Lucas.
Estes auriculares véndense promocionalmente a 99,99 euros e contan cunha capa adicional de protección contra rabuñaduras, de xeito que non só teñen un deseño distinto, senón que tamén prometen calidade. Para mellorar a experiencia os auriculares contan con indicacións de voz personalizadas orixinais para a conexión Bluetooth, os recordatorios internos, a interrupción da conexión e os recordatorios de batería baixa, que axudan así a somerxernos no universo de Star Wars.
Os Xiaomi Buds 3 Star Wars Edition ofrecen calidade de son de alta fidelidade con tres modos de cancelación de ruído activa (capaz de suprimir até 40 dB de ruído) e cunha autonomía de até 7 horas que pode ampliarse até 32 horas co seu estoxo de carga (que incluso é compatible con carga sen fíos, o que resulta moi práctico para o seu uso con móbiles con carga inversa sen fíos).

Os novos auriculares de Xiaomi adoptan a estética de Star Wars dun xeito moi completo

PUBLICIDADE