Xiaomi presenta unha ola de arroz que pode controlarse co móbil
martes, 29 de marzo do 2016
AÃnda que coñezamos a Xiaomi como un fabricante chinés de
smartphones e tabletas, o certo é que a compañÃa ten numerosos produtos de
electrónica de consumo que van dende dispositivos moi tecnolóxicos (routers, baterÃas externas, altofalantes,
auriculares...) a trebellos máis mundanos (mochilas, roupa, patÃns eléctricos, lámpadas...)
aos que agora
incorpórase un cocedor de arroz conectado, que destaca por poder
controlarse dende o móbil, facilitando asà axustes sobre os modos de cociñado
(en función do tipo de arroz empregado) e incluso a programación para poder ter
o arroz listo no momento de erguerse ou cando se chega a casa do traballo.
O novo cocedor de arroz de Xiaomi
chegará ao mercado a semana que vén a un prezo de 999 iuans (137 euros)
confiándose en que sexa un auténtico éxito de vendas no seu mercado, pese a que
o seu prezo é moi superior ao que custarÃa unha sinxela ola a presión para
facer arroz.
- A ola de arroz de Xiaomi pode programarse co móbil
- Este novo pequeno electrodoméstico para a cociña sae á venda o vindeiro 6 de abril a un prezo de 999 iuans (137 euros).