Xiaomi renova a súa baterÃa externa e a súa pulseira de actividade
luns, 9 de novembro do 2015
O vindeiro dÃa 11 en China celebran o dÃa dos solteiros, un dÃa de rebaixas comparable ao norteamericano Black Friday, e para unirse á festividade consumista dende Xiaomi preparan novos dispositivos bastante atractivos, pese a ser simples revisións da baterÃa externa e a pulseira de actividade da compañÃa.
Mi Power Bank de 20.000 mAh
A nova Mi Power Bank é un produto que sen dúbida vai
converterse en todo un referente, xa que esta baterÃa externa xa non se
conforma con capacidades de 5.000, 10.400 ou 16.000 mAh e chega até os 20.000 mAh,
atendendo ás cada vez maiores baterÃas dos tabletófonos e incluso podendo
servir para cargar a baterÃa dun dos novos Macbook, de xeito que é un
complemento perfecto para as viaxes.
Aparte da alta capacidade, unha das cousas rechamantes desta baterÃa é que pode
achegar corrente continua a 2 amperes en 5 e 9 voltios e 1,5 amperes a 12 voltios,
ou sexa, que poderÃa cargar numerosos dispositivos que soporten modos de carga
rápida, sendo capaz e entregar 5,1 voltios a 3,6 amperes, ou sexa, que poderÃa
cargar até dous dispositivos electrónicos á vez. Mide 141,9 x 73 x 21,8
milÃmetros e conta con 2 portos USB 2.0 e un porto micro-USB (este último para
a súa recarga).
Probablemente este accesorio só teña unha caracterÃstica que non resulta
agradable, como son os seus 338 gramos de peso, pero realmente si é unha
importante mellora, xa que dúas baterÃas de 10.000 mAh da mesma marca pesarÃan
414 gramos. Temos asà un trebello ideal para as fins de semana e viaxes, que
como punto forte ten, sen dúbida, o seu axustado prezo de 149 iuans (21,73
euros).
Mi Band Pulse
Pero non só a baterÃa externa de Xiaomi mellora, senón que a
pulseira de actividade Mi Band
tamén estre revisión, a Mi
Band Pulse, que busca aproveitar a popularidade deste accesorio económico
para converterse na pulseira de referencia entre os usuarios que queiran
introducirse neste tipo de wearables,
xa que, desta volta, en vez de ser un sistema básico de rexistro da nosa
actividade fÃsica chega máis aló ao integrar un pulsÃmetro óptico mantendo o
seu prezo en 99 iuans (14,44 euros) mentres que o modelo anterior queda en 69
iuans (10 euros).
Esta nova pulseira é compatible con iOS e Android, de xeito que podemos
controlar dende o noso smartphone tanto a nosa actividade fÃsica como o ritmo
cardÃaco, datos de interese para saber se mantemos certo ritmo na práctica
deportiva, o que busca habitualmente traducirse nun incentivo para unha vida
máis activa e saudable. Entre as grandes vantaxes da Mi Band Pulse estarÃa o
seu peso de só 13,5 gramos e a súa autonomÃa de 30 dÃas (en contraste con
outros accesorios semellantes que hai que recargar cada poucos dÃas).