YotaPhone presentará a segunda xeración do seu smartphone con pantalla de tinta electrónica
luns, 17 de novembro do 2014
A estas alturas do ano pasado a empresa rusa YotaPhone
anunciaba que antes do Nadal Ãa comezar a vender internacionalmente o seu
smartphone con dobre pantalla, que destacaba por empregar tecnoloxÃa de tinta
electrónica nunha das mesmas, como un xeito revolucionario de minimizar o
consumo do dispositivo e facilitar o seu uso en exteriores, e agora repiten a
xogada e avanza
que o 3 de decembro celebrará un evento privado en Londres no que amosará o
novo YotaPhone 2.
Agárdase que o novo terminal goce dunhas prestacións técnicas moi superiores ao
anterior, aÃnda que posiblemente o principal atractivo deste teléfono sexa a
posibilidade de empregalo totalmente dende a súa pantalla de tinta electrónica,
o que permite que para certos usos básicos o seu consumo sexa moi reducido,
superando a principal eiva de moitos dos smartphones do mercado: a reducida
autonomÃa provocado polo elevado consumo da súa pantalla.
De feito, dende YotaPhone tamén dan conta dun informe de Fixya sobre unha
mostra de 30 millóns de usuarios e 8 millóns de produtos no que entre
os principais problemas dos smartphones emblemáticos de cada marca está a súa
autonomÃa, o que se acentúa especialmente no caso de terminais como o
iPhone 5S ou o HTC One.