YouTube abre os directos conxuntos ao público xeral

venres, 3 de febreiro do 2023 Marcus Fernández

Tras un período en probas para un grupo reducido de usuarios YouTube abre oficialmente a opción de Compatir directo, de xeito que os creadores que conten cun mínimo de 50 subscritores poden realizar emisións en directo dende o seu móbil cun usuario convidado.

Esta nova función é moi semellante á realización dun directo convencional dende o móbil, só que no momento de premer no botón de Crear na aplicación, en vez de premer en Emitir en directo, debemos elixir a opción Compartir directo, e tras a configuración do directo podemos xerar unha ligazón para convidar á persoa coa que realizaremos a emisión conxunta, ou mandarlle un e-mail co correspondente ligazón.

Estamos ante unha función de YouTube evidentemente orientada ao móbil, buscando competir cos directos de Instagram, polo que podemos entender que YouTube busca recuperar posicións na realización directos, xa que entre Twitch, Instagram e TikTok foi perdendo moita relevancia neste tipo de contidos.

PUBLICIDADE