ZOTAC ZBOX, novo mini-ordenador con Blu-ray

xoves, 9 de setembro do 2010 Marcus Fernández

ZOTAC International, fabricante de tarxetas gráficas, placas base e mini-ordenadores, anuncia a nova liña de ordenadores de tamaño reducido ZOTAC ZBOX Blu-ray, o que aseguran que son os primeiros equipos deste tipo en integrar unha unidade de Blu-ray de carga slot-in, de xeito que toma un deseño moi delgado e estilizado.
Estes equipos funcionan con procesadores Intel Atom D525 a 1,8 GHz, con 2 Gb de memoria DDR2, disco duro SATA de 2,5 polgadas de 250 Gb, gráfica nVIDIA Ion, saída HDMI, Wi-Fi N, Gigabit Ethernet, lector de tarxetas 6-en-1, 2 conectores USB 2.0 e outros 2 USB 3.0. Amais, tamén ten capacidade de ampliación interna a través dunha fenda mini-PCI Express.
Temos así unha interesante solución para un ordenador destinado á reprodución multimedia no salón ou para escritorios nos que queremos ocupar pouco espazo, aínda que polo momento non sabemos nin a data nin o prezo que terá.

O ZOTAC ZBOX Blu-ray non lle faltan saídas de vídeo DVI e HDMI

PUBLICIDADE