ZTE presenta un novo smartphone con pantalla de 5,7 polgadas

mércores, 17 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Os smartphones de grande tamaño non cesan de chegar ao mercado, especialmente dende fabricantes asiáticos, e aínda que o normal é que esteamos ante terminais de alta gama, compañías como ZTE buscan achegar este tipo de terminais a un público máis amplo, e veñen de presentar nos EE.UU. o ZTE ZMAX, terminal que comezará a comercializar T-Mobile o vindeiro día 24 por un prezo que vai dende 0 dólares con contrato (cun compromiso de permanencia de 24 meses) ou 252 dólares libre (194,63 euros) o que parece bastante axustado para un tabletófono coas súas características.
O ZTE ZMAX ten unha pantalla de 5,7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, procesador Qualcom Snapdragon 400 de catro núcleos a 1,2 Ghz e gráfica Adreno 305, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 32 Gb), cámaras de 8 e 1,6 Mpíxeles, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, LTE, batería de 3.400 mAh e sistema operativo Android 4.4.


Vídeo de presentación do novo tabletófono de ZTE

PUBLICIDADE