Zopo C2: un novo móbil chinés económico con pantalla Full HD

mércores, 17 de abril do 2013 Marcus Fernández

Os fabricantes chineses de móbiles parecen querer mudar a súa situación no mercado, e compañías como Zopo, popular por imitar os deseños doutros fabricantes como Samsung, HTC ou LG, queren gañarse unha identidade de seu, de aí que agora busque destacar co seu novo Zopo C2, un impresionante móbil con pantalla LTPS Full HD de 5 polgadas, procesador MediaTek MT6589 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, gráfica PowerVR SGX544, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD, cámaras de 13 e 5 Mpíxeles, chip sonoro Yamaha, batería de 2.000 mAh e un grosor de só 8,5 milímetros, que sorprende por chegar ao mercado a un prezo de 1.399 iuans (174 euros).
Nalgunhas tendas en liña podemos atopar o móbil Zopo ZP980, moi semellante ao C2, pero cun almacenamento interno de 16 Gb, e que de importación ten un prezo de menos de 270 euros, o que segue a ser bastante reducido para un terminal das prestacións mencionadas, o que dá a entender que durante os vindeiros meses non vai ser Huawei o único fabricante emerxente.

O Zopo C2 ten unha cámara traseira de 13 Mpíxeles

PUBLICIDADE