aDeSe publica un cómic para informar do sistema PEGI

xoves, 15 de decembro do 2011 Marcus Fernández

A Asociación Española de Distribuidores e Editores de Software de Entretemento (aDeSe) bota a andar unha nova campaña de divulgación do sistema PEGI que clasifica os videoxogos por idades recomendadas e explicando os contidos dos mesmos. Por unha banda a campaña conta cunha parte en liña (o concurso Wise Gamers, que funciona como aplicación de Facebook) e apóiase tamén nun cómic do que distribuiranse máis de 240.000 exemplares en tendas GAME, El Corte Inglés, GameStop e outras.
O cómic en cuestión, Descubriendo el mundo PEGI, narra a historia dunha familia que viaxa polo Planeta PEGI guiados polo xeneral Kaboom, dando a coñecer cada un dos mundos que integra (3,7,12,16 e 18) que coinciden en nome coas clasificacións por idade do sistema PEGI. Un divertido xeito de concienciar a pais e fillos sobre a adquisición de videoxogos axeitados ás idades dos usuarios.

PUBLICIDADE