eReader con pantalla táctil de Medion

venres, 25 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Medion vai comercializar en España o seu lector de libros electrónicos MD86371, con pantalla táctil E-Ink de 6 polgadas con 16 niveis de gris, unhas medidas de 119 x 180 x 11 milímetros, un peso de 212 gramos, 2 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD/SDHC, soporte de numerosos formatos de ficheiro (PDF, ePUB, HTML, DOC, TXT, RTF, Fb2, PRC, JPEG, GIF, PNG, BMP e MP3), porto USB para cargar a súa batería de 1.100 mAh e un prezo de 149 euros. Estamos así ante un interesante dispositivo que achega unha boa experiencia de lectura baseada en tecnoloxía de tinta electrónica coa comodidade dun control táctil e cun prezo bastante axustado.

PUBLICIDADE